Desenrolado por coroa.es
O Xuíz Único de Competición estima as alegacións presentadas polo Arenteiro e deixa sen efecto disciplinario a primeira tarxeta amarela mostrada polo colexiado do Estradense-Arenteiro ao defensor verde Adrián Pol, que polo tanto estará en condicións de xogar o próximo partido ante o Alondras.
Dase a circustancia que, despois desta primeira amonestación que agora invalida o Xuiz de Competición, o xogador do Arenteiro víu un segundo cartón amarelo pouco antes do descanso, o que motivou a expulsión e que o Arenteiro tivese que xogar toda a segunda parte en inferioridade no campo ante o Estradense, co que finalmente rematou empatando a un gol.
Doutra parte, os socios -desta vez do número 300 en adiante- terán preferencia para facerse cunha das entradas dispoñibles para o partido deste próximo domingo ante o Alondras. Deberán retiralas durante esta semana e ata completarse o cupo nas taquillas de Espiñedo, o continuar con aforo superreducido a 75 persoas, aínda que como xa sucedeu ante a UD Atios agárdase que se autorice unha ampliación de aforo a 150 persoas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xuiz-de-competicion-retira-tarxeta-amarela-adrian-pol-que-foi-expulsado-na-estrada-o-partido
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xuiz-de-competicion-retira-tarxeta-amarela-adrian-pol-que-foi-expulsado-na-estrada-o-partido
[3] whatsapp://send?text=O Xuiz de Competición retira a tarxeta amarela a Adrián Pol, que foi expulsado na Estrada. O partido ante o Alondras, volverá ser con aforo reducido. http://copecarballino.es/novas/o-xuiz-de-competicion-retira-tarxeta-amarela-adrian-pol-que-foi-expulsado-na-estrada-o-partido
[4] https://copecarballino.es/print/54824