Desenrolado por coroa.es
Escribo este comentario para respaldar sen paliativos as medidas que vai aprobar o Parlamento galego para continuar a protexer a saude dos cidadáns de Galicia, ante algún comentario anterior, que por simple fobia política, constitue unha chamada a insumisión cidadá.
A pesar de ter mantido durante todo o que levamos de pandemia unha das tasas máis baixas de contaxios de toda España, teñen morto aquí xa máis de 1100 persoas dende marzo. Durante meses, somos moitos os que nos queixamos de que se aproben medidas que restrinxen as nosas liberdades, sen que éstas veñan acompañadas dun réxime sancionador. De nada vale que, por exemplo, o 50% da xente cumpra con todo o estipulado, se o outro 50% non o cumpre. Por eso é fundamental que si a administración sanitaria (os profesionais da saude, ós que o comentario anterior chama "chupatintas a cargo desta administración") detectan un positivo, e dictaminan que tódolos seus contactos deben facer coarentena e someterse a PCR, as consecuencias de non facelo deben ser gravísimas para o que tome tan imprudente decisión. Non tomar esas medidas nos leva a máis morte, a máis comercios e bares pechados, a mais pobreza...
O mesmo sucede coas vacinas. Éste é un debate aberto en todo o mundo, pero se existen vacinas aprobadas polas autoridades sanitarias internacionais, que superan os distintos ensaios clínicos por fases ás que se están sometendo con decenas de miles de voluntarios, a administración sanitaria ten a responsabilidade de que facer que esta chegue a meirande parte da poboación. Sólo así conseguiremos unha protección comunitaria suficiente, por que os que incluso os Miguel Bosé de turno que non a queiran poñer, se beneficiarán da barreira que supon que o resto dos cidadáns sí esté vacinado. Por este motivo, chamadas a non poñer a vacina, a poñer en dúbida a ciencia e o traballo dos sanitarios, paréceme unha tremenda irresponsabilidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-defensa-da-saude-publica
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/en-defensa-da-saude-publica
[3] whatsapp://send?text=En defensa da saude pública http://copecarballino.es/denunciacidada/en-defensa-da-saude-publica
[4] https://copecarballino.es/print/54835