Desenrolado por coroa.es
Por medio do proxecto impulsado polo concello do Irixo para comercializar os productos ecolóxicos e artesáns elaborados no municipio xa poden adquirirse a través da tenda virtual que foi presentada polo alcalde Manuel Cerdeira e varios dos productores que participan desta inciativa.
Na páxina "www.tendaoirixo.gal [5]" poden encontarse esta oferta "con productos de calidade que se comercializan agora co distinto da marca O Irixo, un proxecto do que estamos moi contentos pola acollida recibida e que tamén queremos ampliar a outros productores da comarca", subliñou o rexedor municipal.
Ademáis, de forma expresa para a campaña de nadal, a tenda ofrece tres lotes navideños con distintos productos que terán un prezo, respectivamente, de 20, 35 e 50 euros. Os encargos serán enviados gratuítamente aos domicilios que pidan os clientes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-productos-locais-xa-poden-mercarse-traves-de-wwwtendaoirixogal
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-productos-locais-xa-poden-mercarse-traves-de-wwwtendaoirixogal
[3] whatsapp://send?text=Os productos locais xa poden mercarse a través de
[4] https://copecarballino.es/print/54862
[5] http://www.tendaoirixo.gal