Desenrolado por coroa.es
O derbi entre UD Ourense e Arenteiro, correspondente á 7ª xornada do campionato nacional de terceira división de fútbol, que se xoga este domingo 29 de Novembro dende as cinco da tarde no Estadio do Couto poderá seguirse a través da retransmisión que realizará en directo a TVG2. Será o terceiro partido do Arenteiro que ofrece a canle autonómica no que vai de liga.
O partido ten aforo reducido a 150 persoas por culpa do coronavirus, socias do equipo local, polo que non poderá asistir ningún seguidor do Arenteiro. Pero sí poderán ver o partido en directo na retransmisión da TVG2, retransmisión íntegra na WEB da canle autonómica e en formato de carrusel, con conexións intermitentes que se alternarán con outros partidos, na TVG2.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ud-ourense-arenteiro-este-domingo-no-couto-en-directo-pola-tvg2
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ud-ourense-arenteiro-este-domingo-no-couto-en-directo-pola-tvg2
[3] whatsapp://send?text=UD Ourense-Arenteiro, este domingo no Couto, en directo pola TVG2 http://copecarballino.es/novas/ud-ourense-arenteiro-este-domingo-no-couto-en-directo-pola-tvg2
[4] https://copecarballino.es/print/54884