Desenrolado por coroa.es
Logo de 75 anos do pasamento de Antonio Palacios, o Concello do Carballiño decidiu que o ano 2020 debía ser o do recoñecemento a un artista que sen dúbida deixou a súa pegada na vila. O Templo da Veracruz, a xoia arquitectónica do Carballiño, foi diseñada polo arquitecto no pasado século e hoxe segue a ser un dos grandes reclamos de Galicia.
Así pois, o concello comezou o recoñecemento cun exitoso concerto en marzo da Escolanía de Segovia, que deu lugar á apertura do Festival Internacional de Música "Pórtico do Paraíso", ao que seguiron outros das corais do Carballiño. Tamén se editaron uns folletos divulgativos sobre o Templo da Veracruz que están repartidos pola vila e foron ben acollidos por visitantes.
Agora, o Concello do Carballiño pretende pechar esa homenaxe que se viu afectada pola actual pandemia. Por iso vai colocar un busto de Antonio Palacios no entorno do templo que de visibilidade a un dos grandes arquitectos contemporáneos de España e levará a cabo unha conferencia sobre a vida e obra do artista cando a situación sanitaria o permita.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-pechara-os-actos-conmemorativos-do-75-cabodano-do-pasamento-de-palacios-coa
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-pechara-os-actos-conmemorativos-do-75-cabodano-do-pasamento-de-palacios-coa
[3] whatsapp://send?text=O concello pechará os actos conmemorativos do 75 cabodano do pasamento de Palacios coa instalación dun busto na Praza da Veracruz http://copecarballino.es/novas/o-concello-pechara-os-actos-conmemorativos-do-75-cabodano-do-pasamento-de-palacios-coa
[4] https://copecarballino.es/print/55098