Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Veciños da familia de Anllo á que un incendio deixou sen casa lanzan unha campaña solidaria para recadar fondos

9, Xaneiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O lume destruíu por completo este pasado dia 6 de Xaneiro a única vivenda da súa propiedade no lugar de Pazos, na parroquia de Anllo no concello de San Amaro, unha casa que esta familia estivera restaurando nos últimos anos e coa idea de fixar na mesma a súa residencia unha vez que se xubilasen nos seus traballos en Vigo, onde viven en rexime de aluguer. 

Veciños e amigos apelan á solidariedade para axudar a esta familia, e para elo veñen de abrir unha conta en ABANCA, na que pode ingresarse o diñeiro que será entregado a esta familia coa idea de que poidan reconstruir a súa vivenda. O número de conta é o seguinte: ES16 2080 5136 9530 0003 0487

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/vecinos-da-familia-de-anllo-que-un-incendio-deixou-sen-casa-lanzan-unha-campana-solidaria-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinos-da-familia-de-anllo-que-un-incendio-deixou-sen-casa-lanzan-unha-campana-solidaria-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/vecinos-da-familia-de-anllo-que-un-incendio-deixou-sen-casa-lanzan-unha-campana-solidaria-para [3] whatsapp://send?text=Veciños da familia de Anllo á que un incendio deixou sen casa lanzan unha campaña solidaria para recadar fondos http://copecarballino.es/novas/vecinos-da-familia-de-anllo-que-un-incendio-deixou-sen-casa-lanzan-unha-campana-solidaria-para [4] https://copecarballino.es/print/55128