Desenrolado por coroa.es
Eu non dixen en ningún caso que nin fora certo o dos rapaces, nin que non sexa unha imprudencia preocupante, nin que os colexios sexan os culpables da curva desatada.
O que dgo por activa por activa e por perifrástica e que de xeito obsesivo estase enfocando as críticas única e exclusivamente sobre o sector da hoslaleiría, e concretamente do Carballiño. E nin é xusto, nin son os "culpables" desto.
Di vostede que eran centos os rapaces hacinados nese bar. Supoño que entraría para contalos ou al menos pra facer unha estimación a ollo de bo cubeiro. Porque se estaban na rúa, sepa vostede que quen ten que apercibilos é a policía municipal. Moitas veces a xente confunde as festas privadas coa hostaleiría, e non teñen que ver coa hostaleiría. Mesmo confunden os botellóns coa hostaleiría e é evidente que nada teñen que ver.
Faría vostede moi ben, se vostede observa tal exceso como el que comenta do bar, chamar a policía municipal e mesmo a Guardia Civil. Pero non facer nada, criticar todo o sector e pedir o seu peche dende esta tribuna paréceme unha temeridade.
Se cae a hostaleiría en España caemos todos. Non somos un país industrial, nin agrícola, somos un país onde prevalece o sector servizos, E a hostaleiría ten un peso específico inmensamente relevante.
Pense neses mozos e mozas que viu. Vostede viu unha conducta imprudente. Pois eses mesmos mozos e mozas, tamén o serán nos centros de ensino, ou nos centros de traballo se é que xa non estudan. Imáxínese que algún deles está contaxiado de antes, pode contaxiar nos bares, nos centros de ensino, nos centros de traballo ou en calquer espazo porque quenes son imprudentes son as persoas, non os espazos.
Ogallá fose tan sinxelo e con pechar os bares xa estivese todo solucionado. Pero ese mecaniswmo de pensamento é tal rudimentario como o mecanismo do chupete. Se pechas os bares, esta xente imprudente propagará o virus en calquer outro espazo que non peches. Pense vostede un chisco, no verán os bares no Carballiñó estaban a tutiplén ( e si que se cometían excesos), e o virus estaba controlado. Coa volta ao cole coincidiu a segunda onda. E esta terceira coincide cos excesos das reunións familiares e os excesos, tamén dos bares, e a volta ao cole, coa climatoloxía, e con todos os factores que incrementan os riscos.
Recapitulando:
É inxusto meter a todos no mesmo saco (querer pechar todo un sector porque nun bar se observasen imprudencias graves).
Non sería efectivo pechar todo este sector polas razóns comentadas (os imprudentes seguirían séndoo noutros espazos). A ollo de bo cubeiro un 80% das persoas son responsables e prudentes, e o 20% que non o son, non o son en calquer espazo.
E volvo a repetirlle, resulta cansino que sempre se poña a crítica sobre os mesmos, e non se analicen as cousas con rigor. Preferiría que esta crítica fose acompañada de unha denuncia ao bar ante as aoutoridades competentes. Deste xeito non pagarían xustos por pecadores. Porque é moi sinxelo tirar a pedra e esconder a man.
Agora ben, non sou eu quén para pedirlle que non siga criticando a ese sector se o estima oportuno. Tan só lle pido que non o faga por mimetismo. E non busque culpables porque non os hai. Busque vicisitudes e a existencia obxectiva dun virus.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/quen-e-imprudente-e-imprudente-en-todolos-espazos-non-so-nos-bares
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/quen-e-imprudente-e-imprudente-en-todolos-espazos-non-so-nos-bares
[3] whatsapp://send?text=Quen é imprudente é imprudente en todolos espazos, non só nos bares http://copecarballino.es/denunciacidada/quen-e-imprudente-e-imprudente-en-todolos-espazos-non-so-nos-bares
[4] https://copecarballino.es/print/55216