Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño, con apenas un cuarto de contaxios en relación ao resto de concellos que entran no máximo nivel de restriccions. O alcalde Fumega apoia as medidas "para non retroceder ao mes de Outubro"

13, Xaneiro 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Según os datos que recolle este mércores dia 13 de Xaneiro  coronavirus.sergas.gal [5]   e que están actualizados ás 18:00 horas de onte martes, cando o comité clínico da Xunta incluíu a O Carballliño entre os grupos de concellos con máximo nivel de restriccións, O Carballliño manténse en canto a incidencia acumulada de novos contaxios nos últimos 14 dias no parámetro entre 150-250 por cada cen mil habitantes.

Son 32 novos contaxios nos últimos 14 dias no Carballiño (37 casos activos na actualización de Sanidade de hoxe). Chama a atención este dato se o comparamos co resto dos concellos de idéntica poboación aos que a Xunta encadrou no nivel máximo de restriccións, xa que todos eles teñen unha incidencia de coronavirus moi superior, e ata catro veces máis novos contaxios nos últimos 14 dias dos que ten O Carballliño, según os datos oficiais.

A explicación para incluir a O Carballlño no nivel máximo de restriccións, según as explicacións do alcalde Francisco Fumega a COPE O Carballiño é "porque aínda que teñamos moitos menos casos, parece que están diseminados, apenas teñen relación entre si, o que fai moito máis dificil o seu control, e por eso son estas medidas tan duras, para que non pasar polo que xa pasamos en Outubro, esto é o que me trasladan dende o Sergas", manifestou o rexedor municipal, que mostrou o seu apoio a estas novas medidas restrictivas que contemplan o peche perimetral do municipio e a prohibición de atender no interior dos locais de hostelería.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-carballino-con-apenas-un-cuarto-de-contaxios-en-relacion-ao-resto-de-concellos-que-entran-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-con-apenas-un-cuarto-de-contaxios-en-relacion-ao-resto-de-concellos-que-entran-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-con-apenas-un-cuarto-de-contaxios-en-relacion-ao-resto-de-concellos-que-entran-no [3] whatsapp://send?text=O Carballiño, con apenas un cuarto de contaxios en relación ao resto de concellos que entran no máximo nivel de restriccions. O alcalde Fumega apoia as medidas [4] https://copecarballino.es/print/55222 [5] https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=&cad=rja&uact=8&ved=2ahUKEwi2nfrEjJnuAhWTiVwKHSEkD_wQFjAAegQIARAD&url=https%3A%2F%2Fcoronavirus.sergas.gal%2F&usg=AOvVaw2Eyd2QKNIxXvcHn-4j516k