Desenrolado por coroa.es
Penso que máis que o uso obrigatorio das mascarillas sería preciso o uso obrigatorio do cerebro en tempos de pandemia. Porque desde esta canle sempre se deron os datos, díxose que non estabamos tan mal, e sempre, pero "sempre, sempre, sempre" se fai un chamamento ao sentido, e sempre se pode escoitar nesta canle que a xente non debe baixar a garda.
Outra cousa ben difernte é que hai xente interesadísima en cruxir a hostelería -é a culpable de todolos males-. E ao mesmo tempo aplaudir coas orellas a nefasta xestión en toda Galicia de Feijoo e os seus mariachis. O emprego que se fixo do Carballiño como modelo propagandístico é unha auténtica vergoña.
Na segunda onda, en vez de implementar medidas reais, Feijóo e os seus mariachis adicáronse a súa propaganda baleira de actuacións. Hoxe temos 3600 contaxiados en centros de ensino, xa superamos con creces o número de contaxiados da primeira onda, e o índice de mortandade incrementouse alarmantemente. Porque frijolito e os seus mariachis, coas súas ocurrencias propagandísticas, ademáis de facer máis ben pouco, pídenlle aos demáis sentido común cando eles non teñen o máis mínimo - poidemos ver o día 19 deste mes a frijolito sen mascarilla, repetindo actuación descerebrada, polas rúas de Ourense- . E este pide agora, cando él pasa todo polo arco de trunfo, o uso obrigatoria das mascarillas ffp2.
Así como presumía cando facía moi pouco, da baixa incidencia en Galicia. Este sí que presumía como un galo en celo... Agora hai que criticalo severamente por facer tan pouco, e empregar artificios propagandísticos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/artificios-propagandisticos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/artificios-propagandisticos
[3] whatsapp://send?text=Artifícios propagandísticos http://copecarballino.es/denunciacidada/artificios-propagandisticos
[4] https://copecarballino.es/print/55559