Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño asinou un convenio ca empresa pública de servizos agrarios SEAGA para a elaboración do Plan De Incendios e o establecemento dun sistema de xestión da biomasa nos montes ou terreos forestais incluídos nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa . Así, a partires do próximo mes, comezará a limpeza das marxes das estradas daqueles núcleos rurais que presenten maior perigo, sendo prioritarios os que teñen unha soa entrada e saída.
A concelleira de Medio Rural, Rosa Fuentes, apunta, entre outros, os seguintes tramos: Varille-Montegrande-As Caldas, As Lámparas-Sagra-A Fraga, Pena Cobertoira- Bouteiro, Seoane-Mouriz, Saa-A Granxa- A Lama-Pol e a entrada a San Félix de Barón. Tamén recorda o valor de levar a cabo accións na eliminación desta masa forestal para previr a propagación dos lumes e facilitar a actuación contra os mesmos establecendo líneas de defensa. Facendo así, un chamamento ”á sensibilidade e participación cidadá na prevención e loita contra os incendios forestais, que por unha beira poñen en risco ás persoas,pero tamén, por outra, ao noso patrimonio natural”.
Ademais, o Concello publicará un bando ,para avisar con antelación, do prazo do que dispoñen os propietarios para a corta das árbores afectadas pola franxa de seguridade marcada no plan de incendios . No caso de que non se efectúe dita corta, será SEAGA a que realice as cortas e retire a madeira, co fin de que non quede combustible que facilite o avance do lume.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-asina-un-convenio-con-seaga-para-traballos-de-limpeza-do-plan-de-prevencion-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-asina-un-convenio-con-seaga-para-traballos-de-limpeza-do-plan-de-prevencion-de
[3] whatsapp://send?text=O concello asina un convenio con SEAGA para traballos de limpeza do plan de prevención de incendios forestais http://copecarballino.es/novas/o-concello-asina-un-convenio-con-seaga-para-traballos-de-limpeza-do-plan-de-prevencion-de
[4] https://copecarballino.es/print/55702