Desenrolado por coroa.es
Un día correndo polo parque de Carballiño atopeime con que tiñamos a nosa propia subida o Ézaro, aquí no Carballiño.
Creo que a imaxe xa dí moito por sí soa. Alegreime moito que fosen a arranxar o entorno da Pena dos Namorados pero cando pasei por alí e vin semellante pendente...
Non é a miña área pero polo que teño entendido as pendentes máximas son en parques e xardíns (existe unha nota técnica de paixasismo) de entre un 6 e un 12 % dependendo da lonxitude da rampa. Ademáis temos lexislación a nível Nacional e Autonómico sobre accesibilidade.
¿Que pendente ten esa rampa? Eu bótolle ben máis de 40% fácilmente. ¿Non puideron de facer descansos na rampa que son necesarios?porque ademáis da pendente está a lonxitude tan grande da mesma. ¿Non pensaron en facer unha rampa de tipo italiano por exemplo e darlle máis lonxitude para suavizar a pendente? Etc..
Por outro lado a baldosa empregada ou formigón impreso non parece que teña moitas propiedades antideslizantes. Imaxinádevos un día de xiada, ou que esté mollado cas follas das árbores...¿Se cae unha persoa e sofre un accidente grave por un golpe na cabeza e denuncia o concello?
Teño moitos adxectivos calificativos na cabeza pero voumos reservar, ahí queda para a reflexión.
Saúdos
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/subida-do-ezaro-en-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/subida-do-ezaro-en-carballino
[3] whatsapp://send?text=A súbida do Ézaro en Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/subida-do-ezaro-en-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/56509