Desenrolado por coroa.es
O Carballiño volve estar no punto de mira debido o incremento de casos de coronavirus nas últimas semanas, empeorando tanto no indicador da incidencia acumulada a 7 dias -11 novos positivos diagnosticados- como a 14 dias -15 positivos diagnosticados- o que se traduce nunha incidencia acumulada neste intervalo de tempo de 106 casos por 100.000 habitantes.
Sanidade notifica hoxe lúns 20 contaxios activos no municipio carballiñés, multiplica por 4 o número de casos de coronavirus, en apenas unha semana. Un dato moi preocupante.
Maside estabiliza o número de contaxios activos, dende o xoves da pasada semana repite dato, son 13 persoas con infección activa no municipio masidao.
Boborás está en situación de nova normalidade, sen novos casos nas úlitmas semanas, e con tan so 2 contaxios activos. Piñor e Cea continúan cun único contaxio activo, e o resto de concellos permanecen sen contaxios Covid.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-volve-ser-motivo-de-preocupacion-en-apenas-unha-semana-multiplica-por-4-os-casos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-volve-ser-motivo-de-preocupacion-en-apenas-unha-semana-multiplica-por-4-os-casos
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño volve ser motivo de preocupación, en apenas unha semana multiplica por 4 os casos de coronavirus, suma 20 contaxios activos http://copecarballino.es/novas/o-carballino-volve-ser-motivo-de-preocupacion-en-apenas-unha-semana-multiplica-por-4-os-casos
[4] https://copecarballino.es/print/56746