Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Irixo pasa a nivel alto de restricións, con 5 contaxios, e Maside baixa a nivel básico, a partir deste próximo venres. O sergas convoca a 500 persoas a un cribado no polideportivo do Irixo.

30, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O concello do Irixo pasará este próximo venres dia 2 de Abril a nivel alto de restricións, con tan so 5 casos de coronavirus localizados no mesmo foco familiar. O novo nivel de restricións obrigará á hosteleria a atender so en terraza cun aforo do 50%, aínda que conserva a liberdade de movemento, non hai peche perimetral do concello neste nivel. 

Este mércores, dia 31 de Marzo o Sergas convoca un cribado selectivo a 500 persoas maiores de 18 anos residentes no concello do Irixo, están citadas entre as 15 e as 19 horas para acudir ao pavillón de deportes da localidade.

Maside, con tan so 4 contaxios activos, abandonará o venres o nivel alto de restricións e pasará o nivel máis baixo, o chamado medio-baixo. A hostelería poderá atender en interiores ao 50% e ao 75% en exteriores.

Sen cámbios no resto de municipios, O Carballiño continúa en nivel medio de restricións, con 18 contaxios activos, 3 máis que onte, e cunha incidencia acumulada a 14 dias que está nos 127 casos por cada 100.000 habitantes.

Boborás mantén 1 contaxio activo, tamén Leiro ten un caso activo, e os demáis concellos continúan libres de virus.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-irixo-pasa-nivel-alto-de-restricions-con-5-contaxios-e-maside-baixa-nivel-basico-partir

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-pasa-nivel-alto-de-restricions-con-5-contaxios-e-maside-baixa-nivel-basico-partir [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-irixo-pasa-nivel-alto-de-restricions-con-5-contaxios-e-maside-baixa-nivel-basico-partir [3] whatsapp://send?text=O Irixo pasa a nivel alto de restricións, con 5 contaxios, e Maside baixa a nivel básico, a partir deste próximo venres. O sergas convoca a 500 persoas a un cribado no polideportivo do Irixo. http://copecarballino.es/novas/o-irixo-pasa-nivel-alto-de-restricions-con-5-contaxios-e-maside-baixa-nivel-basico-partir [4] https://copecarballino.es/print/56847