Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > 1 de Abril: O cribado do Irixo detecta 4 positivos e os contaxios soben a 9 neste concello. O Carballiño manténse con 18, Maside con 4, e Boborás, Leiro e Cea 1.

1, Abril 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O cribado realizado na tarde de onte no Irixo e no participaron 389 persoas do total das 500 que estaban citadas, servíu para detectar 4 casos positivos. Desta maneira, os contaxios activos son 9 neste municipio, no que a incidencia acumulada a 14 dias dispárase ata os 633 casos por 100.000 habitantes, de manterse esta incidencia siñificaría o peche perimetral do concello na próxima revisión do comité clínico, pasando ao nivel máximo de restricións.

O Carballiño mantén 18 contaxios activos, aínda que mellora un chisco no indicador da incidencia acumulada a 14 dias, que baixa hoxe ata os 127 casos por 100.000 habitantes. 

Maside continúa con 4 contaxios activos, Boborás e Cea con 1, e libres de virus o resto dos concellos da comarca carballiñesa. No Ribeiro, Beade sigue á cabeza con 7 contaxios activos, Leiro ten 1 caso, e Avión ningún.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/1-de-abril-o-cribado-do-irixo-detecta-4-positivos-e-os-contaxios-soben-9-neste-concello-o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/1-de-abril-o-cribado-do-irixo-detecta-4-positivos-e-os-contaxios-soben-9-neste-concello-o [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/1-de-abril-o-cribado-do-irixo-detecta-4-positivos-e-os-contaxios-soben-9-neste-concello-o [3] whatsapp://send?text=1 de Abril: O cribado do Irixo detecta 4 positivos e os contaxios soben a 9 neste concello. O Carballiño manténse con 18, Maside con 4, e Boborás, Leiro e Cea 1. http://copecarballino.es/novas/1-de-abril-o-cribado-do-irixo-detecta-4-positivos-e-os-contaxios-soben-9-neste-concello-o [4] https://copecarballino.es/print/56858