Desenrolado por coroa.es
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo provincial aos xogadores, corpo técnico e directiva do Club Deportivo Arenteiro, que este domingo pechou unha tempada histórica ao proclamarse campión de terceira división, logo de conseguir con anterioridade o ascenso á segunda RFEF.
Baltar, acompañado polo asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, puxo de relevo que o acto de hoxe "era o mellor momento para abrir de novo as portas do salón provincial de plenos, logo de meses pechado", felicitando aos xogadores porque " en circunstancias como estas destes o mellor de vós, como tamén os afeccionados que sempre estiveron aí, e agora representades á elite do fútbol ourensán".
Pola súa banda, o presidente do club, Argimiro Marnotes, encomiou "o gran traballo feito durante todo o ano nun gran proxecto deportivo, no que ademais contamos co recoñecemento da Deputación e o seu apoio para as novas melloras no estadio".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/recepcion-na-deputacion-provincial-ao-club-deportivo-arenteiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/recepcion-na-deputacion-provincial-ao-club-deportivo-arenteiro
[3] whatsapp://send?text=Recepción na Deputación Provincial ao Club Deportivo Arenteiro http://copecarballino.es/novas/recepcion-na-deputacion-provincial-ao-club-deportivo-arenteiro
[4] https://copecarballino.es/print/57016