Desenrolado por coroa.es
Continúa a escalada de coronavirus na comarca, co concello do Carballiño á cabeza, con 6 casos máis que onte, polo que alcanza hoxe os 53 contaxios activos.
Boborás tamen experimenta un salto, ao pasar de un único caso que tiña onte aos 5 que xa notifica hoxe mércores. O Irixo tamén suma 5 contaxios, tras 3 novos positivos nas últimas horas. Beariz rexistra 5 casos, Piñor e Maside con 3, San Amaro 2 (un máis que onte). Continúan resistindo limpos de covid Punxín e Cea.
A Xunta anunciou hoxe que o concello do Carballiño pasa dende este próxmo sábado ao nivel medio de restriccións, o que repercutirá fundamentalmente na hostelería, que verá reducidos os seus aforos, que pasarán a ter unha ocupación máxima do 30% en interior e do 50% en terraza ao aire libre.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/14-de-xullo-o-carballino-sobe-nivel-medio-de-restricions-tras-rexistrar-hoxe-53-contaxios
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/14-de-xullo-o-carballino-sobe-nivel-medio-de-restricions-tras-rexistrar-hoxe-53-contaxios
[3] whatsapp://send?text=14 de Xullo: O Carballiño sobe a nivel medio de restricións, tras rexistrar hoxe 53 contaxios activos. Tamén incrementan contaxios nas últimas horas Boborás, O Irixo e San Amaro http://copecarballino.es/novas/14-de-xullo-o-carballino-sobe-nivel-medio-de-restricions-tras-rexistrar-hoxe-53-contaxios
[4] https://copecarballino.es/print/57270