Desenrolado por coroa.es
A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, volta denunciar a situación de precariedade do actual contrato do servizo de conciliación, dito contrato atópase prorrogado e sen atender ás necesidades que demandan as familias.
O BNG do Carballiño trasladaba en abril a necesidade urxente de actualizar o servizo “Bo día familia” e atender as queixas e demandas que as familias puxeron de manifesto e que o propio BNG trasladou ao concello. Porén pasados xa cinco meses aínda non hai constancia de que exista nin un borrador.
Comeza o novo curso escolar e o concello do Carballiño segue sen dar sinais de solucionar a situación, cando a voceira do BNG advertía no mes de abril da urxencia de sacar un novo prego cunhas novas condicións, porque o servizo estábase dando exclusivamente nas horas previas á entrada das nenas e nenos nas aulas e era preciso un servizo de conciliación integral que permitise unha verdadeira conciliación.
A voceira nacionalista considera que o actual desleixo da administración local do Carballiño para presentar un proxecto reflicte unicamente o desinterese que suscita esta problemática para o actual grupo de goberno.
Para o BNG é imprescindible que este servizo se amplíe para que inclúa o servizo de comedor ao medio día e que se preste tamén pola tarde, para que sexa posible unha verdadeira conciliación entre o ámbito familiar e laboral de nais e pais.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-bng-denuncia-que-o-servizo-de-conciliacion-continua-en-precario-e-sen-actualizar
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-bng-denuncia-que-o-servizo-de-conciliacion-continua-en-precario-e-sen-actualizar
[3] whatsapp://send?text=O BNG denuncia que o servizo de conciliación continúa en precario e sen actualizar http://copecarballino.es/denunciacidada/o-bng-denuncia-que-o-servizo-de-conciliacion-continua-en-precario-e-sen-actualizar
[4] https://copecarballino.es/print/57496