Desenrolado por coroa.es
O gardameta local Tejero foi o mellor do equipo mostoleño con tres grandes intervencións, impedindo os goles dun Arenteiro que tan so a súa falta de acerto ante a portería do Móstoles ve como volve resistírselle o triunfo, asi e todo os verdes acumulan xa catro partidos consecutivos sen perder en 2ª RFEF, cunha vitoria e tres empates.
O partido no estadio do Soto de Móstoles deixounos unha primeira parte igualada e con apenas ocasións, eso si, a única e clara foi para o Arenteiro nunha boa triaungulación que rematou cun pase de Raúl Blanco a Renán, o brasileiro culminou a xogada dende dentro da área cun bo chut con marchamo de gol pero o porteiro local fixo o primeiro paradón da matinal.
Na segunda metade, o Arenteiro pudo volver adiantarse con outras dúas boas ocasións, pero como deixamos dito, o gardameta do equipo madrileño foi o mellor do Móstoles e volveu salvar ao seu equipo. E menos mal, porque sabido é que no fútbol quen perdoa acabao pagando caro, aínda que desta vez polo menos o Arenteiro consigue sumar un punto, e todo o que sexa sumar -e máis a domicilio- non é un mal resultado.
Crónica do partido en: http://elgoldemadriz.com/mostoles-0-0-arenteiro-se-pudo-ganar-y-perder/ [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-cun-punto-na-sua-primeira-visita-da-tempada-madrid-ao-empatar-sen-goles-en
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-cun-punto-na-sua-primeira-visita-da-tempada-madrid-ao-empatar-sen-goles-en
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro regresa cun punto na súa primeira visita da tempada a Madrid, ao empatar sen goles en Móstoles http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-cun-punto-na-sua-primeira-visita-da-tempada-madrid-ao-empatar-sen-goles-en
[4] https://copecarballino.es/print/57956
[5] http://elgoldemadriz.com/mostoles-0-0-arenteiro-se-pudo-ganar-y-perder/