Desenrolado por coroa.es
Quen anteriormente nesta sección se queixaba do que está permitindo o concello de Maside dende fai anos, no poboado da Fontela, expresa o sentir maioritario dos masidaos, que, sexa por "buenismo", ou por ser políticamente correcto, non se acostumbra a manifestar públicamente. Non vaia ser que incurramos en algún acto ou opinión contrarios a un colectivo disque "desfavorecido".
Uns por outros, foise mirando para outro lado e a día de hoxe, o que acontece no poboado é unha vergoña:
A todo o que denunciaba o copenauta anterior, poderíanse añadir varios despropósitos máis, como a cantidade de basura que se acumula polos arredores, os cans que campan ás súas anchas e invaden a carretera cando lles peta, sin que absolutamente ninguén se faga responsable dos danos que provocan, as queimas de cable, a utilización de farolas para instalar ata tres receptores de internet, a inutilización da señalización viaria vertical...
Algo que chama a atención cando se circula pola zona de noite, é a cantidade de chavolas que permanecen iluminadas, a pesar do elevado custe da luz.que parece non inquedar aos despreocupados habitantes.
En fin. Parece ser unha batalla perdida. Eso si, o resto dos masidaos debemos seguir pagando IBI, licencias, tasas, suministros e demáis puntualmente, porque non somos un colectivo desfavorecido.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/mais-fontela-maside
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/mais-fontela-maside
[3] whatsapp://send?text=Mais Fontela-Maside http://copecarballino.es/denunciacidada/mais-fontela-maside
[4] https://copecarballino.es/print/57965