Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño dotarase dun cemiterio civil para dar resposta á demanda deste tipo de enterramentos por parte dos cidadáns da vila carballiñesa. As previsións coas que se traballa dende o concello pasan por desenvolver as obras ao longo do vindeiro ano e por crear este novo espazo funerario no recinto orixinal do cemiterio de Señorín.
O proxecto para a creación do cemiterio civil do Carballiño está a ser redactado polo arquitecto municipal e as características do novo recinto pasan por crear preto dun cento de columbarios para que sexan usados polos carballiñeses que desexen optar por facer un acto destas características cos seus familiares. A dotación orzamentaria que se baralla fixa o investimento no entorno dos 100.000 euros.
A corporación municipal carballiñesa acordou no seu día crear un cemiterio civil, ante a ausencia do mesmo, para dar resposta ás demandas prantexadas polos cidadáns. O Concello decantouse por promover este espazo no recinto orixinal do cemiterio de Señorín, na zona verde existente no mesmo. Alí será onde se constrúa o recinto co cento de columbarios que formarán o referido cemiterio civil da vila. As previsión municipais pasan por ter operativo o futuro cemiterio civil ao longo do vindeiro ano 2022.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-contara-cun-cemiterio-civil-no-ano-2022-estara-situado-dentro-do-recinto
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-contara-cun-cemiterio-civil-no-ano-2022-estara-situado-dentro-do-recinto
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño contará cun cemiterio civil no ano 2022, estará situado dentro do recinto orixinario do camposanto de Señorín http://copecarballino.es/novas/o-carballino-contara-cun-cemiterio-civil-no-ano-2022-estara-situado-dentro-do-recinto
[4] https://copecarballino.es/print/58117