Desenrolado por coroa.es
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ven de remitirlle unha carta ao alcalde Francisco Fumega na que formalmente demanda do concello do Carballiño a posta a disposición da Xunta "dunha parcela viable para axilizar o proceso adminstrativo de licitación do proxecto e obra e posta en funcionamento do novo Centro Integral de Saúde".
A misiva, igual que ao alcalde do Carballiño, tamén foi enviada desde a Consellería de Sanidade aos outros 27 alcaldes e alcaldesas dos concellos incluidos nas fases 1 e 2 do Plan de Infraestructuras Sanitarias recentemente anunciado pola Xunta. Neste plan, tanto O Carballiño como Boborás foron inluídos na fase 1, que outorga prioridade na execución dos proxectos para os dous próximos anos.
Para facilitar a localización das parcelas e que cumpran os requisitos necesarios, o conselleiro xa lle indicou a cada concello os metros cadrados de edificabilidade necesarios para o centro proxectado en cada municipio, no caso do Carballiño son 4.500 metros cadrados. Ademáis, o Sergas comunicou ao alcalde do Carballiño a colaboración do persoal técnico dos servizos de obras deste departamento autonómico "con total disposición para visitar e avaliar aquelas parcelas que o concello considere e determinar se cumpren ou non coas necesidades requeridas desde o punto de vista técnico".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-remite-unha-carta-ao-alcalde-do-carballino-no-que-lle-solicita
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-conselleiro-de-sanidade-remite-unha-carta-ao-alcalde-do-carballino-no-que-lle-solicita
[3] whatsapp://send?text=O conselleiro de Sanidade remite unha carta ao alcalde do Carballiño no que lle solicita
[4] https://copecarballino.es/print/58122