Desenrolado por coroa.es
O Concello do Carballiño destinará unha partida de 359.743 euros ao proxecto de reforma e mellora de varias rúas dos casco urbano. Concretamente trátase das rúas Daniel Castelao, Piñor, Cea, Paraño, San Trocado, Buenos Aires e Serra Martiñá. A intervención nestas rúas forma parte dun plan integral de acondicionamento e mellora que se desenvolverá na vila e que se promove directamente dende o Concello do Carballiño.
Os proxectos para acometer estas actuacións foron redactados polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas Nogueiras. A actuación nestes viais está dividida en cinco capítulos, sendo os investimentos máis destacados os referidos ás pavimentacións (cun custe de 141.046 euros) e aos traballos de alcantarillado (46.293 euros).
Para preparar os espazos públicos nos que se vai a intervir desenvolveranse traballos previos que inclúen accións como o corte do pavimento, previo á demolición ou fresado; demolición de pavimentos, asfalto, baldosas e soleiras de formigón; excavacións e apertura de zanxas en terreos compactos ou en terra e outro tipo de actuacións, coa correspondente retirada e transporte de residuos a un vertedeiro autorizado.
O capítulo referido ao abastecemento de agua contará cunha partida de 19.590 euros e incluirá tubería de abastecemento de agua de PVC, de 90 e 75 mm, conexión á rede xeral, bocas de rego e acometidas para edificios e locais.
As canalizacións para o alcantarillado, pozos de rexistro e sumidoiros suporá un investimento de 46.293 euros. O apartado de pavimentación está dotado con máis de 141.000 euros e contempla a dotación de pavimento continuo de formigón, bordes prefabricados de formigón, bacheo de firme asfáltico, rega de adherencia e firme a base de aglomerado en quente. Tamén se procederá á creación de pasos de peóns sobreelevados.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-destina-359743-euros-reforma-das-ruas-castelao-pinor-cea-parano-san-trocado-buenos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-destina-359743-euros-reforma-das-ruas-castelao-pinor-cea-parano-san-trocado-buenos
[3] whatsapp://send?text=O concello destina 359.743 euros á reforma das rúas Castelao, Piñor, Cea, Paraño, San Trocado, Buenos Aires e Serra Martiñá. http://copecarballino.es/novas/o-concello-destina-359743-euros-reforma-das-ruas-castelao-pinor-cea-parano-san-trocado-buenos
[4] https://copecarballino.es/print/58151