Desenrolado por coroa.es
O grupo municipal de Espazo Común defende que "apenas se executou un 10%" do plan de obras de mellora das infraestructuras públicas tanto no ámbito urbano como nas parroquias da zona rural e lembran que foi "entre finais de 2020 e comezos do 2021 cando vimos que se ían anunciando infinidade de proxectos para a súa execución no ano que vimos de rematar".
Culpan deste retraso "ou a inoperancia do goberno ou un descarado tacticismo electoralista" aínda que non sorprende a Espazo Común porque "o goberno do Carballiño xa nos ten a todos máis que acostumados a grandes anuncios que resultan ser, co paso do tempo, grandes nubes de fume", manifestan.
"As idas e vindas coa xestión do millonario remanente aforrado nos últimos dez anos no concello do Carballiño e a pouca seriedade á hora de facer anuncios lévannos a pedir un pouquiño de rigor aos membros do grupo de goberno, o balance é bo de facer, apenas ningún compromiso se levou a termo", aseveran dende Espazo Común.
E fan repaso dalgunhos dos proxectos que están pendientes de execurtarse como "reformar e humanizar a rúa Carreira, abrir a rúa Costa Rica, Faustino Santalices, arranxo das rúas da Saleta, Castelao e Ourense, ou mesmo da casa consistorial, e a inversión de 140.000 euros en cada unha das parroquias".
Finalmente, conclúen manifestando que "o cortopracismo de Fumega que so procura investir onde pensa que pode obter rendemento electoral e que actúa en formato cacique con pequenos favores que agarda cobrar o dia das eleccións, está levar a este pobo por un camiño moi perigoso e de difícil retorno".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-lembralle-ao-alcalde-o-retraso-na-execucion-do-plan-municipal-de-obras-anunciado
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-lembralle-ao-alcalde-o-retraso-na-execucion-do-plan-municipal-de-obras-anunciado
[3] whatsapp://send?text=Espazo Común lémbralle ao alcalde o retraso na execución do plan municipal de obras anunciado polo rexedor fai un ano http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-lembralle-ao-alcalde-o-retraso-na-execucion-do-plan-municipal-de-obras-anunciado
[4] https://copecarballino.es/print/58842