Desenrolado por coroa.es
A ONCE instalou no Carballiño un dos seus novos quioscos, un modelo máis accesible para todos os axentes vendedores con discapacidade, máis ecolóxico pola tipoloxía de produtos de construción e os seus consumos e con máis facilidade de comunicación co público.
Este novo quiosco, que se atopa na rúa Rosalía de Castro, foi presentado polo director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez García, e a concelleira de Servizos Públicos de Carballiño, Rosa Fuentes.
O novo deseño de quiosco da ONCE conta cunhas dimensións que non só non obstaculizan o paso nas beirarrúas senón que permiten unha maior accesibilidade para a persoa que exerce a venda e para quen se achega a compartir uns minutos co axente vendedor.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/once-instala-no-carballino-un-novo-modelo-de-quiosco-mais-accesibleecoloxico-e-funcional
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/once-instala-no-carballino-un-novo-modelo-de-quiosco-mais-accesibleecoloxico-e-funcional
[3] whatsapp://send?text=A ONCE instala no Carballiño un novo modelo de quiosco, máis accesible,ecolóxico e funcional. http://copecarballino.es/novas/once-instala-no-carballino-un-novo-modelo-de-quiosco-mais-accesibleecoloxico-e-funcional
[4] https://copecarballino.es/print/58854