Desenrolado por coroa.es
Ola!!. Quero denunciar, públicamente, as malas prácticas de certos establecementos de hostalería situados na rúa Tomás María Mosquera, pois certa cafetería dun tempo a esta parte adícase polas noites a poñer a música do seu local a todo volume a eso das 12 noite molestando, deste xeito, aos veciños cuxas casas dan a esta rúa. Esta situación leva repetíndose varias semanas, pero esta fin de semana foi a máis, xa que o establecemento en cuestión puxo a música moito máis alto que en semanas anteriores durante a madrugada. Coido que xa é hora de poñer fin a estas malas prácticas desta cafetería. Como comprenderán poñer a música alta a altas horas da noite nas que a xente precisa descansar para madrugar ao día seguinte non é de recibo. Se os donos desta cafetería teñen ganas de troula é mellor que se vaian a un descampado ás aforas do Carballiño a poñer música a todo volume ata que se farten para non molestar aos veciños desta rúa tan céntrica da nosa vila. Os que vivimos nesta rúa precisamos descansar con calma e sosego e non ver alterada a nosa tranquilidade con música que non nos deixa conciliar o sono sobre todo no caso das persoas maiores, dos enfermos e dos que precisamos madrugar para traballar.
Señores do concello ¿a que esperan para poñer fin a estas malas prácticas?. Os veciños e veciñas desta rúa precisamos descansar sen necesidade de que o noso sono se vexa interrompido por música a todo volume como se fose unha algarabía propia dun fiadeiro dos nosos avós a altas horas da noite.
NON OS RUIDOS NOCTURNOS
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/musica-alta-na-rua-mosquera
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/musica-alta-na-rua-mosquera
[3] whatsapp://send?text=Música alta na rúa Mosquera http://copecarballino.es/denunciacidada/musica-alta-na-rua-mosquera
[4] https://copecarballino.es/print/59034