Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O concello do Carballiño pídelle á Xunta que poña a disposición a Residencia de Tempo libre para acoller refuxiados de Ucrania

4, Marzo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Concello do Carballiño remitirá un escrito á Xunta de Galicia para instar ao Goberno galego a que ofreza as instalacións da Residencia de Tempo Libre do Carballiño para acoller aos refuxiados da guerra de Ucrania.

A Residencia do Carballiño funciona en temporada, centrando a súa maior actividade na época de verán. Dende o Concello trasladarase á Xunta a proposta de que se acondicione a Residencia para que poda estar operativa para cando se necesite e que se proceda a ofrecer as instalacións para acoller ás persoas que se vexan obrigadas a deixar Ucrania pola guerra provocada por Rusia na súa invasión do país.

As instalacións da Xunta no Carballiño xa xogaron un importante papel solidario en 1992, cando acolleron a un numeroso grupo de refuxiados bosnios que fuxían da guerra dos Balcanes. Grazas á súa estadía na Residencia do Carballiño puideron fuxir da guerra, ou mesmo de ser vítimas da mesma, e logo volver ao seu país para continuar coa súa vida e empezar de novo. Nalgúns casos mesmo decidiron optar por afincarse entre nós para desenvolver o seu proxecto vital.

O Concello carballiñés cre que no escenario actual compre dar un paso adiante para demostrar de novo a solidaridade do pobo galego coas vítimas das guerras e por iso mesmo remitirá un escrito á Xunta para que ofreza as instalacións da Residencia de Tempo Libre para acoller aos refuxiados da guerra de Ucrania.

Dende o Concello tamén se fai un chamamento á cidadanía para colaborar coa campaña de axuda urxente que puxo en marcha Cáritas Parroquial de O Carballiño para recoller materiais destinados a Ucrania.

Os materiais que se necesitan céntranse de maneira especial en tres apartados: enseres, comida e medicamentos. No primeiro apartado recóllense dende mantas a cadeiras de rodas ou muletas, ademais de roupa e produtos de limpeza e hixiene para os nenos. A comida deberá ser instantánea (non envasada en cristal), conservas, café soluble e te. E no capítulo de medicamentos necesítanse dende vendas, apósitos e auga osixenada a antibióticos e analxésicos.

Os puntos de recollida de Cáritas para entregar as doazóns solidarias con Ucrania son Cáritas Parroquial do Carballiño e o templo da Veracruz. Cáritas estará aberto de 11 a 13 horas e a igrexa da Veracruz de 18 a 20 horas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-pidelle-xunta-que-pona-disposicion-residencia-de-tempo-libre-para

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-pidelle-xunta-que-pona-disposicion-residencia-de-tempo-libre-para [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-pidelle-xunta-que-pona-disposicion-residencia-de-tempo-libre-para [3] whatsapp://send?text=O concello do Carballiño pídelle á Xunta que poña a disposición a Residencia de Tempo libre para acoller refuxiados de Ucrania http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballino-pidelle-xunta-que-pona-disposicion-residencia-de-tempo-libre-para [4] https://copecarballino.es/print/59084