Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O concello abre a inscrición para unha actividade que na que se promoverá a educación en valores e a intelixencia emocional dos nenos e nenas de Piñor

28, Marzo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Programa complementario de educación e apoio familiar do Concello de Piñor pon en marcha unha nova actividade para os nenos e nenas, trátase da “SEMANA DOS SUPERPODERES”.

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é servizo que ademais de trallar de forma individualizada coas familias diferentes problemáticas (menores en situación de risco ou desamparo, conflitividade familiar, dificultades educativas, drogodependencias, etc) tamén leva a cabo actividades comunitarias que permitan traballar aspectos preventivos que favorezan o desenvolvemento axeitado da familia e infancia. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo a actividade SEMANA DOS SUPERPODERES, unha maneira orixinal, lúdica e chamativa de traballar cos nenos e nenas as habilidades precisas para afrontar as diferentes dificultades que podan atopar ó longo da súa vida.

A educación en valores como o respecto é esencial para crear adultos que, no día de mañá, configuren unha sociedade mellor. Por outra banda, preténdese dotar ós participantes de “superpoderes” como a autoestima, a empatía... e competencias emocionais que fomenten o seu desenvolvemento persoal e faciliten a resolución de conflitos. Terá lugar os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de 10h a 14h, no Centro Social. A inscrición é gratuita e deberá formalizarse en Servizos Sociais ata o 6 de abril. Manteranse tódalas medidas actuais de prevención contra o COVID19.

Dende o concello de Piñor á poboación a inscribir ós seus fillos e fillas nesta actividade, que ademais de mellorar a conciliación da vida familiar e laboral, permitirá que os nenos e nenas desfruten aprendendo

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-concello-abre-inscricion-para-unha-actividade-que-na-que-se-promovera-educacion-en-valores-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-abre-inscricion-para-unha-actividade-que-na-que-se-promovera-educacion-en-valores-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-abre-inscricion-para-unha-actividade-que-na-que-se-promovera-educacion-en-valores-e [3] whatsapp://send?text=O concello abre a inscrición para unha actividade que na que se promoverá a educación en valores e a intelixencia emocional dos nenos e nenas de Piñor http://copecarballino.es/novas/o-concello-abre-inscricion-para-unha-actividade-que-na-que-se-promovera-educacion-en-valores-e [4] https://copecarballino.es/print/59312