Desenrolado por coroa.es
O concello de Boborás utiliza o tractor-dsbrozadora municipal para facilitar o acceso a algunhas zonas de difícil acceso debido á maleza existente, na contorna próxima ao pobo do Regueiro. Os familiares de Marcial Manteiga, o home de 80 anos desaparecido dende o pasado venres, foron os que propuxeron esta iniciativa.
Son xa cinco dias de busca sen resultados, nos que un amplo operativo levou a cabo o rastrexo tanto das inmediacións desta localidade na zona de montaña do concello de Boborás e mesmo noutros concellos limítrofes como os de Beariz e Forcarei. Con este operativo, coordenado pola Garda Civil, tamén colaboraron nas últimas horas traballadores do distrito forestal do Carballliño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/continua-busca-do-vecino-desaparecido-no-regueiro-o-concello-de-boboras-incorpora-ao-operativo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/continua-busca-do-vecino-desaparecido-no-regueiro-o-concello-de-boboras-incorpora-ao-operativo
[3] whatsapp://send?text=Continúa a busca do veciño desaparecido no Regueiro, o concello de Boborás incorpora ao operativo un tractor-desbrozadora http://copecarballino.es/novas/continua-busca-do-vecino-desaparecido-no-regueiro-o-concello-de-boboras-incorpora-ao-operativo
[4] https://copecarballino.es/print/59401