Desenrolado por coroa.es
Trátase dun percorrido pola historia da electrificación na comarca carballliñesa a través dunha colección de pezas, documentación histórica e paneis explicativos, unha exposición que podemos visitar no Insitituto Chamoso Lamas en horarios de mañá de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 21:00 horas, que se reducirá en Semana Santa o lúns, martes e mércores tan so en horario matinal.
A mostra é unha iniciativa promovida polos departamentos de Xeografía e Historia e Electricidade do IES Chamoso Lamas, e na que colaboran os grupos "Outeiro" e "Mámoa Verde", asi como o Centro de Estudios Chamoso Lamas.
Dende a organización, salientan a colaboración a esta exposición de Adolfo Otero Loureiro, precisamente, no PODCAST de COPE O Carballiño do dia 7 de abril podes escoitar unha escoitar unha entrevista con este extraballador de FENOSA, que aporta unha gran parte do material que forma parte desta mostra.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-acolle-ata-o-dia-5-de-maio-exposicion-historia-da-luz-na-comarca-do
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ies-chamoso-lamas-acolle-ata-o-dia-5-de-maio-exposicion-historia-da-luz-na-comarca-do
[3] whatsapp://send?text=O IES Chamoso Lamas acolle ata o dia 5 de maio a exposición
[4] https://copecarballino.es/print/59422