Desenrolado por coroa.es
Os socialistas de Leiro, queremos lembrar no tema das duas modificaciones de credito, aprobadas polo goberno local do señor Fernandez, que a non disponibilidade do Remanente de Tesourería ata o ano 2019 foi resultado da Lei Montoro consecuencia do elevado endebedamento dos concellos fora e dentro das contas, e froito dunha xestión sen rigor e irresponsable.
O luns asistimos outra vez a un pleno democrático, ou eso pensabamos os socialistas, xa que o Alcalde e os seus cómplices do equipo de goberno fixeron unha vez máis uso e abuso de poder que lle concederon os veciños de Leiro, poñendo en práctica de novo a opacidade e os escurantismo da súa xestión.
Ante a falta de información e documentación necesaria e suficiente para aprobar con rigor e responsabilidade o importe dos créditos extraordinarios a tratar no Pleno, o noso portavoz municipal, solicitou aclaracións legais e técnicas ao funcionario competente para dalas e que estaba presente no pleno, o señor Secretario/Interventor.
Os socialistas precisabamos saber cales eran as razóns de calamidades públicas ou de natureza análogas de excepcional interese xeral, como é o caso da pandemia, situación extraordinaria de emerxencia que se contempla na normativa vixente e que permitían xestionar e executar os recursos económicos do Remanente de Tesourería, é dicir, “se os investimentos e gastos propostos a cubrir co Remanente axustábase á norma”.
Tamén e ddesde o punto de vista técnico, o noso portavoz , precisaba do Interventor do Concello aclaracións sobre a disponibilidade real dos devanditos recursos económicos, pois xa son dous os anos que o señor Alcalde non precisa o grao de disponibilidade dos dereitos pendentes de cobranza que figuran no Remanente de Tesourería, é dicir, “se o diñeiro do que iamos dispoñer xa está na caixa ou conta bancaria do Concello”.
O señor Alcalde facendo gala da opacidade coa que xestiona o Concello, impediu ao Secretario/Interventor que atendese dita solicitude, á vez que acusaba o noso portavoz de querer prexudicar os veciños, ao verse obrigado a absterse na votación por falta de transparencia e obringándo asi a repetir así a repetir o noso portavoz de maneira reiterada ao longo do Pleno que “O partido socialista non se opón á execución dos gastos e investimentos pero que nos os pode aprobar por razóns de rigor e responsabilidade se non se lle aclaran as cuestións legais e técnicas polas que se consideran extraordinarios estes gastos e investimentos”.
Do resto do Pleno destacar, o rexeitamento das Mocions por parte do Goberno do sr. Fernandez con unhas argumentacions sin sentido, entrando en contradiccions constantemente,mentiras, manipulacions e non sendo coherente cos argumento que utilizabapara o seu rexeitamento, xa que na Moción do cementerio municipal na Parroquia de Leiro as verbas do rexidor o retractan, despois de mais de duas decadas de xestión de este señor a poboación de Leiro, mermou en un 31% 682 veciños menos desde o ano 1995 ata o ano 2021 durante este 26 anos de gobernando, ai que recordarlle o rexidor, quen o vota para ser alcalde son os veciños de Leiro, e para que el sexa Senador o votan os ciudadans da provincia de Ourense, nos os de Lugo, Pontevedra o A Coruña, e iso e moi importante esa diferencia, porque a xente cando falece, quere volver a esta enterrada cerca dos seus, e coas politicas de este rexidor xa o vemos, palabras textuais “que se busquen acomodo donde poidan, mentras axa prazas” esa e a resposta do alcalde, os sentimentos das persoas de Leiro cando falecen, son sentimentos que teñen agora para cando fallezcan, unha vez falecidos pouco caso lle fai o rexidor, xa non lle sirven para que lle voten, por eso as suas verbas retractan o Rexidor.
E con respecto a Moción do alcantarillado e saneamento o pobo de Barzamedelle tendo en conta que leva mais de duas decadas 26 anos gobernando o Concello, España estaba na Unión Europea e esta e na quel momento houbo moitas, pero moitas subvencions para a instalación de abastecemento e saneamento de aguas, moitas axudas da Unión Europea, e a pregunta que lle facemos os socialistas a veciñanza e a seguinte ¿Qué fixo o rexidor durante 26 anos no concello de leiro, para que este nucleo de poboación non o teña? Nada de nada, que gracias os socialistas e os propios veciños que levamos denunciando ano tras ano a discriminación sufrida por estos veciños, por un capricho de este señor non se facia, e apartir de hoxe de despois de moita loita a veciñanza vai a dispor de alcantarillado de saneamento.
A razón que expuña o alcalde no pleno, era que non habia nadie nese pobo e que agora co tema da pandemia hay 5 familias, e totalmente falso porque veciños sempre houbo nese nucleo, outra cousa que este señor non quixera, ou non sepa facer as cousas, unha ve mais minte e manipula.
Ademais recordarlle que os concellos estan obrigados por lei a suministrar os servizos de abastecemento de agua, saneamento (alcantarillado)luz, asfaltado, ceminterio, alumeado, recollida de basura e asi esta recollido no artigo 26 e 18.1 da Ley Reguladora das bases de Reximen Local, porque senon non podriamos decir que Leiro e un Concello. En definitiva Leiro e as súas xentes merecen un trato digno, ter a súa disposicion uns servizos de calidade e que o municipio presente un aspecto vivo, limpo e coidado: Os socialistas seguiremos a loitar por Leiro, porque creemos que o noso Concello ten gran potencial e a pesar da negativa do Rexidor a destacalo, os socialistas non imos a rendernos e seguiremos dando a batalla por mellorar Leiro.
Asinado: Agrupación Municipal Socialista de Leiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cronica-dun-pleno-leiro-e-suas-xentes-merecen-un-trato-digno
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/cronica-dun-pleno-leiro-e-suas-xentes-merecen-un-trato-digno
[3] whatsapp://send?text=Crónica dun pleno: Leiro e as súas xentes merecen un trato digno. http://copecarballino.es/denunciacidada/cronica-dun-pleno-leiro-e-suas-xentes-merecen-un-trato-digno
[4] https://copecarballino.es/print/59595