Desenrolado por coroa.es
A fin de semana adiántase desta vez ao venres no concello do Irixo, coincidindo o 13 de maio coa festividade da Virxen de Fátima, dia festivo de carácter local no municipio do Irixo. A Charanga Castro Bello ameniza esta xornada festiva de moita tradición no Irixo. A solemnidade de Fátima tamén se celebra noutras localidades da comarca, como en Cea, Viuduedo ou As Caldas de Partovia.
A Ruta das Tapas do Carballiño ofrece unha proposta gastronómica con tapas a 2 euros, segunda edición deste mes de maio dedicada ás cidades e vilas galegas e portuguesas que forman parte da asociación do Eixo Atlántico.
Dentro da programación da concellería de cultura, o Maio Cultural inclúe obradoiros de promocion da lingua galega para os máis cativos e a proxección da película de animación "Valentina" na matinal do venres no auditorio, e neste mesmo escenario, o domingo 15 a´s 18:00 horas Teatro Galitoon trae a O Carballiño a súa proposta de teatro infantil "Güela Güela".
E no cine en pantalla grande, temos 3 propostas: a do Cine-Club Carballiño ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio a película francesa "París, Distrito 13", e no Novocine de Leiro dúas películas do venres ao domingo "Doctor Strang, el Multiverso de la Locura" e "El juego de llaves".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/celebracions-festivas-cine-teatro-musica-e-gastronomia-na-axenda-carballinesa-e-comarcal-da
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/celebracions-festivas-cine-teatro-musica-e-gastronomia-na-axenda-carballinesa-e-comarcal-da
[3] whatsapp://send?text=Celebracións festivas, cine, teatro, música e gastronomía, na axenda carballiñesa e comarcal da fin de semana. http://copecarballino.es/novas/celebracions-festivas-cine-teatro-musica-e-gastronomia-na-axenda-carballinesa-e-comarcal-da
[4] https://copecarballino.es/print/59707