Desenrolado por coroa.es
Os tres dianteiros cos que contou o Arenteiro durante toda a pasada temporada, Sylla, Joni e Sobrido causan baixa o equipo e non continuarán na próxima campaña, a dirección deportiva opta desta maneira pola renovación total nesta demarcación, xa que en decembro xa deixara o equipo Adri Castro.
Tamén está confirmado que non continuará no equipo verde Daniel Portela, que completa asi catro magnificas temporadas como o gran valuarte da defensa do Arenteiro, con 10.316 minutos xogados e repartidos en catro tempadas, Os outros dous futbolistas aos que o club non fixo oferta de renovación foron Álvaro Naveira e Cassio Goes.
Asi pois, son seis as baixas xa confirmadas, ás que se sumarán algunhas máis nos próximos dias entre os futbolistas aos que o club fixo oferta de renovación, pero que probablemente non continúen ao contar acaso con mellores ofertas, mesmo de superior categoria. Para suplir os que saen, a dirección deportiva xa ten bastante avanzada as fichaxes que se incorporarán ao plantel que competirá por segundo ano consecutivo na Segunda RFEF.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comunica-seis-baixas-no-equipo-da-segunda-rfef
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comunica-seis-baixas-no-equipo-da-segunda-rfef
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro comunica seis baixas no equipo da Segunda RFEF http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comunica-seis-baixas-no-equipo-da-segunda-rfef
[4] https://copecarballino.es/print/60024