Desenrolado por coroa.es
Leiro celebrará este domingo, día 3 de xuño, a súa clásica carreira popular, unha das máis antigas de Galicia, alcanzando este ano as 38 edicións.
A competición foi presentada esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial, coa presencia do vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; o teniente alcalde de Leiro, Ramón Álvarez; o edil de Deportes do Concello de Leiro, Luis Iglesias e o membro da organización da proba Jorge Janeiro.
A XXXVIII Carreira Popular de Leiro, patrocinada pola Deputación de Ourense a través do Inorde, xa pechou o prazo de inscrición con máis de 550 participantes, un completo éxito segundo remarcan dende a organización.
A Carreira Popular de Leiro, incluída dentro do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, consta duns 10 quilómetros na súa categoría absoluta e diferentes distancias para o resto de categorías, que comprenden dende os 5 quilómetros ata os 250 metros na categoría de pitufos. Esta proba permitirá a participación por equipos na máxima categoría, debendo rematar a proba como mínimo seis corredores do mesmo equipo para optar á clasificación.
O calendario de actividades enmarcadas dentro desta carreira popular tamén contempla o sábado a celebración de xogos populares e unha festa da escuma na Praza do Cruceiro de Leiro, ademais do propio domingo dun concurso fotográfico e animación polas rúas durante o percorrido da proba.
A carreira popular poderá ser seguida vía streaming a través deste enlace https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/ [5], con retransmisión en pantalla xigante dende a Praza do Cruceiro de Leiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/carreira-popular-de-leiro-reune-o-domingo-3-de-xullo-550-participantes-de-todas-idades
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/carreira-popular-de-leiro-reune-o-domingo-3-de-xullo-550-participantes-de-todas-idades
[3] whatsapp://send?text=A Carreira Popular de Leiro reune o domingo 3 de xullo a 550 participantes de todas as idades http://copecarballino.es/novas/carreira-popular-de-leiro-reune-o-domingo-3-de-xullo-550-participantes-de-todas-idades
[4] https://copecarballino.es/print/60122
[5] https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/