Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común denuncia que o concello "permite un inmenso vertedoiro ilegal no alto do monte da Pena"

18, Xullo 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Espazo Común asegura que son empresas que están a facer obras públicas "as que baleiran alí os escombros coa connivencia do goberno municipal".

Manifestan que foron veciños de Señorín os que lle fixeron chegar a queixa pola "gran cantidade de verquidos procedentes de restos de obras e de podas" e mesmo que "a sorpresa foi en aumento cando foron informados por algún dos coonductores dos vehículos que alí se dirixian de que foi o concello quen lles indicou onde tirar os refugallos". Engaden que "se xa é preocupante o gran número de pequenos vertedoiros ilegais que hai polos nosos montes adiante, é imperdonable que o goberno municipal alente estas prácticas".

Finalmente, dende Espazo Común demandan ao alcalde Fumega e ao seu grupo de goberno "respecto polo medio ambiente, pola lexislación vixente e, sobre todo, polos veciños que teñen que aturar as consecuencias das súas practicas", remarcan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/espazo-comun-denuncia-que-o-concello-permite-un-inmenso-vertedoiro-ilegal-no-alto-do-monte-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-denuncia-que-o-concello-permite-un-inmenso-vertedoiro-ilegal-no-alto-do-monte-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-denuncia-que-o-concello-permite-un-inmenso-vertedoiro-ilegal-no-alto-do-monte-da [3] whatsapp://send?text=Espazo Común denuncia que o concello [4] https://copecarballino.es/print/60270