Desenrolado por coroa.es
Parece mentira que un chegue a casa de traballar e suar todo o día e se queira dar unha ducha pra cear e descansar e se tope que o termo so ten 1.8 bares de presión de entrada da acometida xeral.
Entendo que hai escaseza de auga por levar tanto tempo sen chover, pero non se soluciona baixando a presión de auga da acometida xeral, e moito menos as 22:30 horas.
Sanxenxo ven de pechar as piscinas municipais polo mesmo motivo pra aforrar. Aqui pechar a Rañoa nin se contempla, debemos ser un pobo máis turístico ca Sanxenxo. É máis importante estar refrescandose (quen poda) na Rañoa que darse unha ducha na casa ou por a lavadora. Porque os mortais traballadores facemos esas cousas despois da xornada de traballo, e non a rematamos e chegamos a casa coma os funcionarios.
Aquí seguimos vendo como a xente segue enchendo as piscinas, regando a horta e o cespede e lavando coches na rua con total impunidade... ou somos todos cegos ou miramos pra outro lado.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/presion-auga-maside-18-bares
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/presion-auga-maside-18-bares
[3] whatsapp://send?text=PRESION AUGA MASIDE 1.8 BARES http://copecarballino.es/denunciacidada/presion-auga-maside-18-bares
[4] https://copecarballino.es/print/60408