Desenrolado por coroa.es
Leo na outra denuncia que unha persoa maior que está enferma se queixa porque tardan unha semaña en darlle cita telefónica. Pois cando esa persoa teña que ir in situ e descubra que a partir de agora hai que sacar ticket na entrada e botar o rato mirando para unha pantalla ao mais puro estilo hospital igual lle da algo. Tendo en conta que a maoiría dos usuarios da sanidade son xente de idade avanzada seguro que algún que outro problema de visión e que soen ir a cita sen acompañante parece un plan sin fisuras o de implementar no centro de saúde do Carballiño este sistema de xestión de quendas. Todo para que o profesional xa non teña que sair á sala de espera a chamar. Se xa moitos non se apañaban para pedir cita por internet ou na app do Sergas agora van e danllle a estocada. Hai que pensar mais na xentiña maior.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-centro-de-saude-do-carballino-e-o-fraco-favor-xentina-maior-tema-monitores
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-centro-de-saude-do-carballino-e-o-fraco-favor-xentina-maior-tema-monitores
[3] whatsapp://send?text=Sobre o centro de saúde do Carballiño e o fraco favor á xentiña maior (tema monitores) http://copecarballino.es/denunciacidada/sobre-o-centro-de-saude-do-carballino-e-o-fraco-favor-xentina-maior-tema-monitores
[4] https://copecarballino.es/print/60417