Desenrolado por coroa.es
O patrimonio etnográfico do Carballiño volveu a sufrir un novo atentando por parte de vándalos. A víctima foi unha vez máis o cruceiro de Flores ao cal algún "artista" de brocha gorda decidiu decoralo pintando con spray negro dúas das caras da súa base como ven se pode comprobar nas fotografías que adxuntamos a esta denuncia. Por desgraza esta non é a primeira vez que este cruceiro é obxecto de gamberradas como así o demostra o feito que noutras dúas ocasión a súa base fora pintada (a primeira con pintura e a segunda con spray de cor branco) sen esquecernos que algúns rapaces decidiron pintar con rotulador as imaxes das ánimas existente na parte inferior da súa columna e que fai dez anos, máis ou menos, a este cruceiro lle roubaron a imaxe de S. Xoán existente na parte posterior do desu varal. Coido que é o momento de que o concello instale varias cámaras para vixiar a este cruceiro e identificar, deste xeito, aos vándalos que atenten contra el.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/novo-atentando-contra-o-patrimonio-etnografico-do-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/novo-atentando-contra-o-patrimonio-etnografico-do-carballino
[3] whatsapp://send?text=Novo atentando contra o patrimonio etnográfico do Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/novo-atentando-contra-o-patrimonio-etnografico-do-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/60451