Desenrolado por coroa.es
Pregúntome que vai pasar cos 5 ou 6 entre autobuses e microbuses que actualmente pasan toda a noite estacionados na actual estación de autobuses cando ésta xa non exista. Visto que o que van facer na estación de tren non é mais que unha parada cunha marquesiña, sen edificio de dársenas. Como digo pregúntome que vai pasar con eses autobuses. Pregúntoo porque preocúpame que acaben estacionados na propia explanada da estación de tren quitando aparcamentos para os vehículos particulares ou obstaculicen a prioridade na circulación do peón dentro da plaza. Ou peor ainda. Que acaben estacionados nas aforas como xa pasaba fai uns anos cando aparcaban camións, remolques e ata carabanas nas beirarrúas. Sabendo como sabemos que estes estacionamentos están prohibidos no casco urbano. Como digo lanzo a reflexión porque me parece que non se pensa no efecto dominó que provoca toda está decisión de trasladar os autobuses para deixar sitio ao futuro centro de saúde.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/reflexion-dubida-sobre-intermodal-que-van-facer-no-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/reflexion-dubida-sobre-intermodal-que-van-facer-no-carballino
[3] whatsapp://send?text=Reflexión (dúbida) sobre a intermodal que van facer no Carballiño http://copecarballino.es/denunciacidada/reflexion-dubida-sobre-intermodal-que-van-facer-no-carballino
[4] https://copecarballino.es/print/60465