Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A Xunta adxudica os traballos de cartografía do Concello de San Amaro, e ultima o borrador do Plan Básico Municipal nos concellos de Punxín, Beariz e San Cristovo de Cea

22, Agosto 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta ven de adxudicar por un importe de 150.000 euros  o servizo para a obtención da cartografía e para poder redactar o Plan Básico Municipal en seis concellos galegos, entre eles o de San Amaro.

A partir de agora, a empresa adxudicataria disporá de 6 meses a contar dende a sinatura do contrato para obter a base cartográfica do concello de San Amaro, información que se utilizará como o punto de partida para a elaboración do Plan Básico Municipal, que pasará a regular o futura ordenación urbanística neste concello de San Amaro.

Ademáis, outros 3 concellos da comarca, os de Punxín, Beariz e San Cristovo de Cea, están rematando a redacción do borrador do Plan Básico Municipal e o documento ambiental estratéxico para poder iniciar o procedemento de avaliación ambiental, con vista á aprobación e entrada en vigor deste instrumento para a ordenación urbanística nos 3 citados concellos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-os-traballos-de-cartografia-do-concello-de-san-amaro-e-ultima-o-borrador-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-os-traballos-de-cartografia-do-concello-de-san-amaro-e-ultima-o-borrador-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-os-traballos-de-cartografia-do-concello-de-san-amaro-e-ultima-o-borrador-do [3] whatsapp://send?text=A Xunta adxudica os traballos de cartografía do Concello de San Amaro, e ultima o borrador do Plan Básico Municipal nos concellos de Punxín, Beariz e San Cristovo de Cea http://copecarballino.es/novas/xunta-adxudica-os-traballos-de-cartografia-do-concello-de-san-amaro-e-ultima-o-borrador-do [4] https://copecarballino.es/print/60487