Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > As imaxes históricas que nos deixa este verán de 2022 no río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño, transitable a pé en varios tramos. A falta de auga no cauce provoca a mortandade da fauna piscícola.

11, Setembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Nin as persoas máis maiores recordan algo asi, tampouco dende que hai rexistros hídricos o río Arenteiro presentou un caudal tan baixo ao seu paso polo Carballiño, como o que pudo observarse durante este verán de 2022, nunha situación que continúa crítica e pode ser dramática se non chegan as chuvias.

O caudal ecolóxico, practicamente inexistente nalgunhos tramos do río coincidindo co seu recorrido urbano, cun evidente perxuizo para a vida da fauna piscícola, como confirman dende a Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, cunha elevada mortandade de peixes e troitas que pon en serio perigo a supervivencia da fauna piscícola no río.

A imaxe que ofrece o río é tan deprimente que podemos ver como é totalmente transitable a pe en varios tramos, como pode observarse nas fotografías que se corresponden coa zona entre a ponte medieval de Veiga e a presa do Cuco, no que o cauce é un areal polo que pode camiñarse sen mollar os zapatos.

Afortunadamente para O Carballiño, o caudal hídrico na parte alta do rio Arenteiro é bastante mellor, e elo permitíu ata o momento manter a normalidade no abastecemento de agua, sen ningún tipo de restriccións, que sí poderían chegar no caso de que continúe a prolongada seca que estamos padecendo no transcurso deste ano. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/imaxes-historicas-que-nos-deixa-este-veran-de-2022-no-rio-arenteiro-ao-seu-paso-polo

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/imaxes-historicas-que-nos-deixa-este-veran-de-2022-no-rio-arenteiro-ao-seu-paso-polo [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/imaxes-historicas-que-nos-deixa-este-veran-de-2022-no-rio-arenteiro-ao-seu-paso-polo [3] whatsapp://send?text=As imaxes históricas que nos deixa este verán de 2022 no río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño, transitable a pé en varios tramos. A falta de auga no cauce provoca a mortandade da fauna piscícola. http://copecarballino.es/novas/imaxes-historicas-que-nos-deixa-este-veran-de-2022-no-rio-arenteiro-ao-seu-paso-polo [4] https://copecarballino.es/print/60638