Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Qué temos esta fin de semana na comarca ? Festas da Saleta en Cea, Canto Coral e Jazz no Carballiño, musical infantil en Brués, e cine en Leiro e O Carballiño.

23, Setembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A vila de Cea celebra as festas da Saleta entre o venres 23 e o lúns 26, que será festivo local no municipio, o acontecemento que cada ano despide o calendario festivo estival na comarca carballiñesa.

Para amenizar estas festas estarán en Cea 7 orquestras, que son Unión y Fuerza (Dia 23) New York e Tentaciones (Dia 24) Fusión e Olimpus (Dia 25) e Pégate e Claxxón (Dia 26).  Ofrecerán pasarrúas e concertos as bandas de música Artística de Merza e Muimenta, e complétase o programa musical coa Charanga CLK e o grupo Feitizo de Pau.

O Carballiño ten esta fin de semana dous eventos musicais. O sábado dende as 20:30 horas o Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que terá lugar no Casino, e coa participación da propia Coral do Casino, e como agrupacións invitadas o Orfeao de Espinho-Portugal e a Coral Ecos do Miño de Lugo. O domingo, no auditorio e con entrada de balde, Alfonso Medela Trío presenta "Jazz Ad Líbitum", un concerto no que o artísta carballiñés estará acompañado de Luis Vivas á bateria e o cubano Óscar Rodriguez no Contrabaixo.

No campo da festa de Brués, o concello de Boborás programou para as seis da tarde do sábado o musical infantil "Pako Pakolas".

E na carteleira cinematográfica, o Cine Club Carballiño inicia tempada coa proxección da película española Alcarrás, o venres en pases ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio. No Novocine de Leiro dúas películas para estes dias: "Tadeo Jons 3" ás 16:00 horas, e "Viaje al Paraiso" ás 18:15 e 20:30 horas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/que-temos-esta-fin-de-semana-na-comarca-festas-da-saleta-en-cea-canto-coral-e-jazz-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/que-temos-esta-fin-de-semana-na-comarca-festas-da-saleta-en-cea-canto-coral-e-jazz-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/que-temos-esta-fin-de-semana-na-comarca-festas-da-saleta-en-cea-canto-coral-e-jazz-no [3] whatsapp://send?text=Qué temos esta fin de semana na comarca ? Festas da Saleta en Cea, Canto Coral e Jazz no Carballiño, musical infantil en Brués, e cine en Leiro e O Carballiño. http://copecarballino.es/novas/que-temos-esta-fin-de-semana-na-comarca-festas-da-saleta-en-cea-canto-coral-e-jazz-no [4] https://copecarballino.es/print/60740