Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > A 2ª Andaina Cultural Camiño de NÓS partirá este sábado dende a Praza Maior do Carballiño e rematará na Insua dos Poetas cunha degustación de productos da comarca

28, Setembro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O próximo sábado, 1 de outubro, celébrase unha nova edición da andaina cultural “Camiño de Nós (1926-2022)”, un roteiro organizado pola Fundación Insua dos Poetas e patrocinado pola Deputación de Ourense, cuxo fin é poñer en valor a cultura tradicional dos camiños.

O punto de partida escollido para este ano sitúase no Carballiño, no inmoble da rúa Tomás María Mosquera que acolleu o xa desaparecido Hotel Carlos, onde o 8 de xullo de 1926 pernoitaron os cinco persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo. Ás 11.00 horas, minutos antes do inicio da ruta, descubrirase neste punto unha placa conmemorativa sobre o “Camiño de Nós”.

Os participantes na andaina farán un percorrido que pasará por Ponte Veiga, A Costiña, Barro, o pazo e maila igrexa de Madarnás, A Esgueva e ponte do Eixán, para rematar na Insua dos Poetas onde serán recibidos cunha degustación de produtos da terra.

A inscrición pode facerse no correo electrónico oixcultura@carballino.gal [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/2a-andaina-cultural-camino-de-nos-partira-este-sabado-dende-praza-maior-do-carballino-e

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/2a-andaina-cultural-camino-de-nos-partira-este-sabado-dende-praza-maior-do-carballino-e [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/2a-andaina-cultural-camino-de-nos-partira-este-sabado-dende-praza-maior-do-carballino-e [3] whatsapp://send?text=A 2ª Andaina Cultural Camiño de NÓS partirá este sábado dende a Praza Maior do Carballiño e rematará na Insua dos Poetas cunha degustación de productos da comarca http://copecarballino.es/novas/2a-andaina-cultural-camino-de-nos-partira-este-sabado-dende-praza-maior-do-carballino-e [4] https://copecarballino.es/print/60785 [5] mailto:oixcultura@carballino.gal