Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Sergas incorpora durante este mes 7 médicos en atención primaria, ao adxudicar prazas vacantes nos centros de saúde de Piñor, San Amaro, Punxín, Beariz, Cenlle, Leiro e Beade. Os novos facultativos tamén reforzarán o PAC.

1, Outubro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Xunta adxudicou en total de 96 prazas en toda Galicia, das que 7 pertencen a centros de saúde das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, unha selección que se realizou mediante concurso de méritos para incentivar a cobertura de prazas vacantes en Atención Primaria, as chamadas "prazas de difícil cobertura", un sistema que ven a paliar o deficit de facultativos que mantiña baixo míninos varios centros de saúde.

Nesta primeira quenda para a adxudicación de prazas de médicos de cabeceira , cubrironse as que estaban vacantes nos centros de saúde de Piñor, San Amaro, Punxín e Beariz na comarca do Carballiño, mentres que na comarca do Ribeiro incorpóranse novos médicos nos centros de saúde de Cenlle, Leiro e Beade.

Ademáis de cubrir as prazas nos citados centros de saúde, o novos facultativos reforzarán as gardas médicas nos PAC do Carballiño e Ribadavia, onde se atende as urxencias en horario entres as 3 da tarde ás 8 da mañá.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-sergas-incorpora-durante-este-mes-7-medicos-en-atencion-primaria-ao-adxudicar-prazas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-incorpora-durante-este-mes-7-medicos-en-atencion-primaria-ao-adxudicar-prazas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-sergas-incorpora-durante-este-mes-7-medicos-en-atencion-primaria-ao-adxudicar-prazas [3] whatsapp://send?text=O Sergas incorpora durante este mes 7 médicos en atención primaria, ao adxudicar prazas vacantes nos centros de saúde de Piñor, San Amaro, Punxín, Beariz, Cenlle, Leiro e Beade. Os novos facultativos tamén reforzarán o PAC. http://copecarballino.es/novas/o-sergas-incorpora-durante-este-mes-7-medicos-en-atencion-primaria-ao-adxudicar-prazas [4] https://copecarballino.es/print/60815