Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Festa do Cabalo en Maside, a dos Callos en Piñor, e a do Rosario en Pereda, nunha fin de semana de outono con ambiente festivo na comarca.

7, Outubro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Fin de semana con destacados acontecementos festivos na comarca do Carballiño, esta segunda do mes de outubro, que se presenta con tempo e temperaturas típicamente do outono, e cun aumento das nubes cara o domingo.

A veciñanza da Pereda, no concello de San Cristovo de Cea, recupera na noite deste venres 7 de outubro a tradición da ruta das adegas, con invitación a viño, licores e pinchos, que ofrecen de balde e coa animación musical do grupo de acordeóns "Lereto". O Sábado 8 en Pereda haberá festa e verbena no grupo Master e as 23:30 h. a actuación estelar da cantante galega Pili Pampín. O domingo 9 celebraráse ás 13:00 h. a misa solemne na honra á Virxen do Rosario, á que seguirá unha sesión vermút amenizada cun grupo musical.

O domingo 9, a paraxe natural do Puzo do Lago acolle a XXXII Festa do Cabalo do Concello de Maside. Pola mañá, dende as 10:00 horas haberá ruta cabalar, e tamén competicións de andadura chapeada e trote montado. Xa pola tarde, celebraránse os concursos de andadura serrada, trote enganchado, galope e burros.

E tamén, o domingo 9, no campo da festa do Arenteiro terá lugar a V Festa dos Callos do Concello de Piñor, cun xantar por 15 euros para un menú con empanada, xamón, callos, postres, bebida e café. Un grupo musical animará o evento, que contará ademáis cunha concentración de motos clásicas e hinchables gratuítos para o público infantil.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/festa-do-cabalo-en-maside-dos-callos-en-pinor-e-do-rosario-en-pereda-nunha-fin-de-semana-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-do-cabalo-en-maside-dos-callos-en-pinor-e-do-rosario-en-pereda-nunha-fin-de-semana-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-do-cabalo-en-maside-dos-callos-en-pinor-e-do-rosario-en-pereda-nunha-fin-de-semana-de [3] whatsapp://send?text=Festa do Cabalo en Maside, a dos Callos en Piñor, e a do Rosario en Pereda, nunha fin de semana de outono con ambiente festivo na comarca. http://copecarballino.es/novas/festa-do-cabalo-en-maside-dos-callos-en-pinor-e-do-rosario-en-pereda-nunha-fin-de-semana-de [4] https://copecarballino.es/print/60872