Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > Os comerciantes poden adherirse a partir deste 13 de outubro ao programa do Bono Activa Comercio. A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, que estará dispoñible para os clientes desde o 24 de outubro

12, Outubro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os comerciantes galegos poden adherirse a partir deste xoves 13 de outubro, ao programa do Bono Activa Comercio, unha iniciativa á que a Xunta de Galicia destina 5M€ coa previsión de chegar a mobilizar 17M€ en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

Tal e como vén de publicar o Diario Oficial de Galicia, os establecementos poderán sumarse a través da web bonosactivacomercio.gal ata o próximo 30 de novembro. No caso dos clientes, poderán descargar a través do móbil os seus descontos neste mesmo espazo web desde o próximo 24 de outubro, data na que tamén poderán empezar a utilizarse. O programa, que prevé chegar a máis de 160.000 persoas, ofrece un bono desconto de 30 euros que se poderá empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa. A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes.

Así, o desconto será de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

O obxectivo desta iniciativa é axudar á economía das familias contribuíndo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos; así como incentivar as compras no comercio de proximidade, nunhas datas clave para a actividade comercial.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/os-comerciantes-poden-adherirse-partir-deste-13-de-outubro-ao-programa-do-bono-activa-comercio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-comerciantes-poden-adherirse-partir-deste-13-de-outubro-ao-programa-do-bono-activa-comercio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-comerciantes-poden-adherirse-partir-deste-13-de-outubro-ao-programa-do-bono-activa-comercio [3] whatsapp://send?text=Os comerciantes poden adherirse a partir deste 13 de outubro ao programa do Bono Activa Comercio. A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, que estará dispoñible para os clientes desde o 24 de outubro http://copecarballino.es/novas/os-comerciantes-poden-adherirse-partir-deste-13-de-outubro-ao-programa-do-bono-activa-comercio [4] https://copecarballino.es/print/60888