Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro volve facer historia e recibirá no Carballiño a un equipo da primeira división na Copa do Rei, os dias 12 ou 13 de novembro.

12, Outubro 2022 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Por segundo ano consecutivo O Carballiño viivirá un festa recibindo no municipal de Espiñedo a un equipo da primeira división, agás os catro equipos que desputarán a Supercopa de España, que son R. Madrid, Barcelona, Betis e Valencia. Será os dias 12 ou 13 de novembro cando se xogue o partido na que  sen dúbida volverá vivirse unha xornada histórica no Carballiño.

O Rival do Arenteiro sairá por sorteo entre os outros 16 equipos da máxima categoria do fútbol español. A eliminaria será a partido único, igual que foi o ano pasado o Valencia CF. Ademáis, o Arenteiro clasifícase para as semifinais da Copa Federación, tamén en eliminatoria a partido único que se xogará o próximo mércores dia 19 deste mes de outubro en Espiñedo ante o histórico equipo do Real Unión de Irún, que milita na actualidade na Primeira Federación.

E todo elo, grazas ao triunfo ante os canarios do Panadería Pulido San Mateo de As Palmas de Gran Canaria, ao que o Arenteiro derrotou por 3-0 nunha gran tarde de fútbol nun Espiñedo que viviíu un gran ambiente, con máis de 1.600 afeccionados que festexaron esta nova proeza dos verdes.

Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-estara-no-bombo-da-copa-do-rei [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-volve-facer-historia-e-recibira-no-carballino-un-equipo-da-primeira-division-na

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-volve-facer-historia-e-recibira-no-carballino-un-equipo-da-primeira-division-na [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-volve-facer-historia-e-recibira-no-carballino-un-equipo-da-primeira-division-na [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro volve facer historia e recibirá no Carballiño a un equipo da primeira división na Copa do Rei, os dias 12 ou 13 de novembro. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-volve-facer-historia-e-recibira-no-carballino-un-equipo-da-primeira-division-na [4] https://copecarballino.es/print/60890 [5] https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-estara-no-bombo-da-copa-do-rei