Desenrolado por coroa.es
Resulta grotesco e insultante ver de novo a todo un delegado provincial da Xunta sacándose fotos de feirante de boletos premiados ao mesmo tempo que a atención primaria en toda a comarca esmorece sen solución de continuidade.
Señor Gabriel, vai levar o premio aos safaris fotográficos. Aparece vostede en todos os saraos de irrelevancia para o servizo público que vostede debería prestar. Pero faga o favor, traballe un chisco e faga algo pola atención primaria de toda a comarca. Porque é unha auténtica vergonza.
E aqueles que seguen dicindo que temos a mellor sanidade do mundo que o fagan mirar. Temos unha lonxana lembranza do que foi unha sanidade decente. Pero os dos safaris fotográficos están a rematar con ela.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/que-alegria-que-alboroto-outro-cancino-piloto
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/que-alegria-que-alboroto-outro-cancino-piloto
[3] whatsapp://send?text=Que alegría que alboroto, outro canciño piloto http://copecarballino.es/denunciacidada/que-alegria-que-alboroto-outro-cancino-piloto
[4] https://copecarballino.es/print/61017