Desenrolado por coroa.es
As precipitacións acumuladas dende a tarde deste pasado sábado ata o mediodia de hoxe domingo xa alcanzan os 100 L/m2 nalgunhas zonas da comarca, como mostran os medidores de Meteogalicia, e mesmo cantidades superiores como acontece na estación de control de Amiudal, no concello de Avión, no que se rexistran 120 L/m2 ou os 130 L/m2 en Povadura, no concello de Cea. En Leiro, o medidor de Meteogalicia recolleu 110 L/m2 neste mesmo intervalo de tempo, igual que practicamente en todo o noso ámbito comarcal O Carballiño-Ribeiro.
A gran cantidade de precipitacións provocou o desbordamento de varios dos nosos ríos, como aconteceu de novo co Arenteiro ao seu paso polo Carballiño, O Viñao ao seu paso pola capitalidade municipal do Irixo, o Avia en Leiro, o mesmo que O Carrás ou río Varille, que provocaron grandes inundacións na zona de Porto de Eguas, no concello carballiñés.
Nas fotografias poden verse os desbordamentos do Viñao no Irixo e o Arenteiro no Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-vinao-desbordase-no-irixo-o-arenteiro-no-carballino-o-avia-en-leiro-igual-que-o-resto-dos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-vinao-desbordase-no-irixo-o-arenteiro-no-carballino-o-avia-en-leiro-igual-que-o-resto-dos
[3] whatsapp://send?text=O Viñao desbórdase no Irixo, o Arenteiro no Carballiño, o Avia en Leiro, igual que o resto dos nosos rios nun histórico 1 de xaneiro de choiva, con máis de 100 l/m2 http://copecarballino.es/novas/o-vinao-desbordase-no-irixo-o-arenteiro-no-carballino-o-avia-en-leiro-igual-que-o-resto-dos
[4] https://copecarballino.es/print/61952