Desenrolado por coroa.es
Tremendo susto o protagonizado polo central do Arenteiro mediada a segunda parte cando despóis de golpear en solitario o balón de cabeza, probablemente como consecuencia dun mal xiro do pescozo, caeu desplomado sobre o terreo de xogo do municipal de Guijuelo.
Todo se agravou cando Pol Bueso quedou tendido no chan e non había ambulancia no campo, que anteriormente trasladara a outro xogador local que tamén resultara lesionado. Caía o diluvio universal sobre Guijuelo e tiveron que pasar 20 eternos minutos para que unha segunda ambulancia chegase para facerse cargo do traslado do central do Arenteiro, primeiro ao PAC de Guijuelo e posteriormente ao Hospital Universitario de Salamanca, onde se lle practicou un TAC e outras probas médicas que diagnosticáronlle un traumatismo cervical. Recibiu a alta hospitalaria pasada a medianoite.
Mentres, o árbitro, que suspendera o partido momentáneamente mentres non se retiraba ao xogador do Arenteiro do terreo de xogo, optou posteriormente por supender definitivamente o encontro ao considerar que o terreo de xogo estaba impracticable pola gran cantidade de auga que acumulaba, e tamén polo feito de non contar cunha ambulancia que garantizase a seguridade dos fútbolistas. O Marcador continuaba co 0-0 inicial.
Agora, a RFEF deberá fixar nova data para xogar os 25 minutos que non se desputaron, unha auténtica faena para o Arenteiro que veráse obrigado a volver a desplazarse á localidade salmantina.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/pol-bueso-recibe-alta-no-hospital-de-salamanca-tras-o-susto-que-protagonizou-no-guijuelo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/pol-bueso-recibe-alta-no-hospital-de-salamanca-tras-o-susto-que-protagonizou-no-guijuelo
[3] whatsapp://send?text=Pol Bueso recibe a alta no Hospital de Salamanca tras o susto que protagonizou no Guijuelo-Arenteiro. O árbitro suspendeu o partido no minuto 65 debido ás fortes choivas, co 0-0 no marcador. http://copecarballino.es/novas/pol-bueso-recibe-alta-no-hospital-de-salamanca-tras-o-susto-que-protagonizou-no-guijuelo
[4] https://copecarballino.es/print/62055