Desenrolado por coroa.es
Sobre unha denuncia ? comentario ? anterior sobre os datos de población, debería o autor non confundir (falando de toxicidade), toda vez que nada ten que ver a poboación dun concello (Padrón Muncipal de Habitantes) co censo electoral nin co crecemento vexetativo nin co saldo migratorio nin co polbo á feira nin co polbo á brasa.
O Padrón de Habitantes é un dato anual, sempre con referencia a 1 de xaneiro do respectivo ano (o que está en vigor corresponde a 1 de xaneiro de 2022) e nel figuran as persoas que residen no municipio e están dados de alta no padrón municipal. Actualízase cada ano.
O censo electoral está formado por todas aquelas persoas que teñen dereito a voto nunhas eleccións, actualízase todos os meses e péchase dous meses antes da convocatoria electoral, por exemplo este ano que temos municipais e xerais serán dous censos distintos, e se houbese autonómicas serían tres censos electorais diferentes. O censo electoral para as eleccións locais do 28 de maio aínda está aberto.
Saúdos e saúde.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/coidado-con-confundir-padron-con-censo-electoral
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/coidado-con-confundir-padron-con-censo-electoral
[3] whatsapp://send?text=Coidado con confundir padrón con censo electoral http://copecarballino.es/denunciacidada/coidado-con-confundir-padron-con-censo-electoral
[4] https://copecarballino.es/print/62244